Muro de Medeiros
  • Inicio
  • O proxecto
    • O equipo
  • O castro
    • Os lagares
    • A lenda do viño
  • Atlas
  • O viño
  • Visitar
  • Anterior
  • Seguinte

Os cabalos roubados das Chás

DSC_0572

 

Aínda que a lenda non nos conta máis alá de que había un túnel que os habitantes do Muro da Cidade usaban para irlles roubar os cabalos dos habitantes da Ceadá das Chás, ben podemos tomar estas palabras como a testemuña dunha rivalidade non esquecida de todo entre os seres humanos a un lado e a outro do río Búbal. Dende o alto do Muro vese perfectamente estoutro castro, ou cidade altomedieval, ou asentamento calcolítico, o lugar máxico que ten 78 petróglifos en dous km2 ou quen sabe qué máis terá agachado o mundo máis alá do Búbal…

Pero sen dúbida, se os nosos devanceiros nestas terras se parecían a nós, esa rivalidade, que hoxe se lle chama localismo, nos proporciona hoxe ese retrato deformado polo tempo que se chama lenda… Aínda que só fose por esta razón, igual sería bo cambiar o punto de vista negativo deste concepto.

Esta entrada ao inframundo tamén nos ilustra co mito do pozo sen fondo, ainda que hoxe nos poidan dicir que só é un alxibe para recoller a auga dun manantial que alí hai, e dar servizo ao castro.

 

DSC_0753

This entry was posted in Atlas, Espazos do imaxinario
Compartir

Post navigation

  As poldras de Soutobeía
As Casas das Máquinas  

Quen participa?

Séguenos en Facebook

Muro de Medeiros

Muro de Medeiros