Muro de Medeiros
  • Inicio
  • O proxecto
    • O equipo
  • O castro
    • Os lagares
    • A lenda do viño
  • Atlas
  • O viño
  • Visitar
  • Anterior
  • Seguinte

O Penedo da Chiva de Ouro

Semella unha versión local da historia de Jasón e os Argonautas buscando o Vellocino de Ouro polo Ponto Euxino, pero non. Disque o Rei Búbal tiña unha cabra de ouro, parte dos seus inmensos tesouros, e o animalciño corría libre polos montes do seu amo, tendo querencia por amosarse no penedo da foto… Teño que aclarar que esta foto non é propia e descoñecemos o lugar correcto dela.

Dice a xente máis maior que só os nenos e os inocentes son capaces de ver a este dourado animal e que por moito que porfíen os buscadores de tesouros, xamais a atoparán, pois a avaricia e a ambición son contrarias á inocencia.

Esta é unha versión máis, moi pouco habitual, dos tesouros dos mouros, e o lugar aproximado onde está a pedra é moi cerca do penedo do Encanto, cheo de tesouros, co que pode ser unha variación desa lenda. En calquera caso, a referencia tan dereita a un animal de ouro, e vivo ademais, engade valor etnográfico a estes contos.

 

DSC_3965 (1)

This entry was posted in Atlas, Espazos do imaxinario, Petróglifos
Compartir

Post navigation

  As Casas das Máquinas
A Presa da Luz e o contrabando  

Quen participa?

Séguenos en Facebook

Muro de Medeiros

Muro de Medeiros