Muro de Medeiros
  • Inicio
  • O proxecto
    • O equipo
  • O castro
    • Os lagares
    • A lenda do viño
  • Atlas
  • O viño
  • Visitar
  • Anterior
  • Seguinte

O Canón do Río Búbal

dsc_4049

O Río Búbal é o desaugue natural de todas as augas que nacen na ladeira oriental do monte-deus Larouco, e como se fose un refrexo da grandiosidade do deus, o río é potente e perigoso no inverno, marmuriador e doce no verán, creando un ecosistema propio, moi pouco estudiado pero cun clima ben diferenciado tanto do val do Támega como dos planaltos da base do Larouco.

É un río rebelde e forte, e por eso, a través dos milenios foi minando  todos eses planaltos formando un canón que se vai facendo máis inaccesible canto mais preto está da súa dilución no pai Támega, levando moitas veces máis caudal que o propio pai. Esa inaccesibilidade marca, por tanto, a flora e a fauna de todo o canón, converténdoa nunha especie de micromundo onde as especies levan camiños diferentes que nos altos e cunha variedade ás veces tan barroca que crea endemismos, como a xara pringosa enana, única deste val. Tamén podemos destacar a presenza, xa rara, do bufo ou moucho real, ata as catro especies de reptiles eslizóns (parecen serpes pero non o son) que se dan na península ibérica (algo que non ocorre en ningún outro lado de Iberia), o lobo aínda corre libre entre as touzas e xestas, a vacaloura (en extinción) alcanza tamaños imposibles…

Ao longo do seu percorrido ten tres pontes vellas de pontóns, catro pasos de poldras, ata vinte muíños tradicionais coas súas presas… Pero o máis interesante é un lugar, non demasiado lonxe do Muro da Cidade, que se chama Porto do Rei Búbal, e que, máis alá de argumentarios científicos, nos fala dun pasado esplendoroso dunha zona que, posiblemente, foi o país máis rico do noroeste, citado por autores como Estrabón, o país dos Bibalos, a tribo máis rica da Gallaecia, o Forum Bibalorum.dsc_4062

 

This entry was posted in Atlas, Espazos do imaxinario
Compartir

Post navigation

  Os Castelos e o Paraíso
O Muro e a Banda do Juán  

Quen participa?

Séguenos en Facebook

Muro de Medeiros

Muro de Medeiros