
Unha pedra con dúas coviñas dunha curiosa forma ovalada, como unha cadeira de montar. Disque era a cadeira da Raíña Moura. Este, coa Fonte da Tecedeira, era o lugar preferida da Raíña para peitearse, e o lugar máis nomeado polos veciños de Medeiros dentro deste castro.
Non é necesario buscarlle ningunha racionalización a esta crenza. É evidente que este penedo foi rachado con intencionalidade, pois está localizado nun lugar prominente do castro, e está asentado nunha fraga moito máis grande que o penedo. O caso é que non hai veciño que non se sentase nesa pedra algunha vez e non se quedase pasmado coa fermosa paisaxe que o rodea.
This entry was posted in Atlas