O Muro da Cidade de Medeiros é un espazo singular dentro da parroquia do mesmo nome en Monterrei. Estamos falando dun territorio usado durante miles de anos como espazo agrario, habitacional, relixioso e de tránsito. Todos estes centos de anos de interacción humana deu lugar a unha densa capa de microtoponimia, lendas, usos, hábitos e sitios históricos e arqueolóxicos que estamos a recoller como parte da primeira fase deste proxecto.
ESPAZOS:

Dende o alto do Muro da Cidade a vista está aberta principalmente cara o nacente, e nese horizonte divísanse outros catro castros moi destacables. O primeiro pódese ver na primeira foto. É un niño de aguias a mil metros de altura e nunha fraga de cuarcita xistosa que destaca pola súa cor branca. Un lugar...
Coñecer máis »

Se cadra non é máis que unha cruz de termo, pero tan cerquiña está das ruínas da desaparecida capela, que nome acaelle ben e cecais teña máis significados perdidos na historia dos que supoñemos. Máis interesante fai este lugar unha pedra que está a dez metros da Cruz, e que ten no borde oriental unha...
Coñecer máis »

Unha historia pouco coñecida do Muro da Cidade é a da banda do Juán. O Juán foi un maquis, un guerrilleiro, un bandoleiro, un donjuán destas terras castigadas inxustamente por unha posguerra cando xamais a guerra civil se librou aquí. Era compañeiro e amigo de Santiago Martínez, carabinero e soldado franquista (por obrigación, como moitos...
Coñecer máis »

O Río Búbal é o desaugue natural de todas as augas que nacen na ladeira oriental do monte-deus Larouco, e como se fose un refrexo da grandiosidade do deus, o río é potente e perigoso no inverno, marmuriador e doce no verán, creando un ecosistema propio, moi pouco estudiado pero cun clima ben diferenciado tanto...
Coñecer máis »

O lugar dos Castelos é a típica cristalización granítica do canón do Búbal, como se poden ver moitos a todo o longo do río. Esta característica fala da antigüidade do territorio por onde nos movemos, pois estamos falando dunhas das rochas máis vellas do planeta (en superficie, claro). A maioría desas cristalizacións son cónicas, pero...
Coñecer máis »

A única presa hidroeléctrica da cunca do Támega na parte galega fíxose no ano 1905 para proveer de luz, non tanto a Verin como ao balneario de Cabreiróa, que abriría ao ano seguinte. Fíxose con técnicas arcaicas, de canteiros tradicionais, pero seguindo os deseños e indicacións da enxeñería moderna (a curva...
Coñecer máis »

Semella unha versión local da historia de Jasón e os Argonautas buscando o Vellocino de Ouro polo Ponto Euxino, pero non. Disque o Rei Búbal tiña unha cabra de ouro, parte dos seus inmensos tesouros, e o animalciño corría libre polos montes do seu amo, tendo querencia por amosarse no penedo da foto… Teño que...
Coñecer máis »

Un lugar envolto no misterio, posto que o único xuizo científico que recibiron estas construccións foi que eran muíños da Idade Media, cousa que xa é rara ela soíña… Pero Santiago Martínez me contou que no tempo dos seus avós usaba este muíños quen non podía pagar a moenda nos muíños particulares, pero como...
Coñecer máis »

Aínda que a lenda non nos conta máis alá de que había un túnel que os habitantes do Muro da Cidade usaban para irlles roubar os cabalos dos habitantes da Ceadá das Chás, ben podemos tomar estas palabras como a testemuña dunha rivalidade non esquecida de todo entre os seres humanos a un lado...
Coñecer máis »

Case se pode dicír que estes pasos que nos axudan a non mollarnos en ríos, regatos, e neste caso, en charcas, son intemporais, sinxelos e tremendamente eficientes. Nunha zona enlamagada no verán e enchoupada no inverno surxen da terra estas pedras colocadas nun tempo perdido, onde os mouros movían montañas e e pedra como quen...
Coñecer máis »

Estes curiosos lagares, que aparecen abundantes na terra do Búbal, son unha pegada etnográfica que prantexa máis cuestións que respostas. Non se sabe de qué época son, nin quen os fixo, e nin sequera sabemos de certo se eran de viño ou outra cousa. Non digo esto gratuítamente posto que, habendo tantísimos lagares arredor...
Coñecer máis »

A memoria colectiva garda case como un segredo que na ladeira occidental do castro, ao lado contrario da capela de San Brais, existiu outro templo cristián, a poucos metros da confluencia do regato de Soutobeía co regato de Soutonovo. Aínda sabemos menos deste lugar que de relixioso pasou a ser máxico por arte do paso...
Coñecer máis »

Ademais, comentan as persoas maiores de Medeiros que había escaleiras que unían o castro coa capela, pero ben pode ser que refiran aos socalcos onde maduraba o viño…, ou non?
Coñecer máis »

Importante paso para o camiño principal dende o Muro da Cidade ata Medeiros, cruza esta ponte o regato de Soutobeía, a poucos metros da citada Fonte da Tecedeira. So coa fonte non precisa moita máis maxia do que xa a ten, pero non remata aí a súa importancia posto que tamén marca o comezo dun...
Coñecer máis »

No cruce de camiños xusto ao pe do Muro da Cidade, hai unha “cruz”, pero máis ben lembra a unha gran “X” (ou cruz de Santo Andro). Non é unha cruz de termo posto que nunca se tomou como tal e, ademais, está feita ao estilo dos petróglifos, é dicir, por abrasión, non por percusión....
Coñecer máis »

Moi cerca do Burato hai un lugar que garda un tesouro, o penedo do Encanto. E suponse que con certos ensalmos e traballos se pode dar del…, como moitos outros tesouros agachados por Galicia. O caso que no alto do penedo, moi partido, aparecen algunhas coviñas (petróglifos) e segundo Gloria Dopazo, indican a dirección onde...
Coñecer máis »

A máis bonita lenda que coñezo, xa citada por Manuel Gago, ocorre nun tempo indeterminado nun lugar real pero xa mítico: a Fonte da Tecedeira. Contan os vellos que un rapaz de Medeiros que viña de facer o servicio militar, un quinto, atopouse subindo polo camiño de Requeixo coa Raíña Moura, peiteándose onde a Fonte....
Coñecer máis »

Por debaixo da Carreira branca, e no alto dunha viña xa só lembrada polos máis vellos existe unha cova artificial, escavada no sábrego, que de tan vella, é máis pequena que a cantidade de historias que se contan sobre ela. A profundidade da cova non sobrepasa os cinco metros e non máis de dous de...
Coñecer máis »

Unha cruz vinculada ao paso deste antigo camiño. O Cruceiro das Lamarellas marca o lugar dende o que a verea máis vella do lugar parte cara o único destiño nesa dirección: o Muro da Cidade de Medeiros. Se seguimos ese camiño comprobaremos cada pouco a profundidade e rotundidade das rodeiras dos carros que por alí...
Coñecer máis »

Unha pedra con dúas coviñas dunha curiosa forma ovalada, como unha cadeira de montar. Disque era a cadeira da Raíña Moura. Este, coa Fonte da Tecedeira, era o lugar preferida da Raíña para peitearse, e o lugar máis nomeado polos veciños de Medeiros dentro deste castro. Non é necesario buscarlle ningunha racionalización a esta crenza....
Coñecer máis »